Sala Marilyn Monroe
Para público en xeral
26/11/2025
19.00 h
Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Entrada libre ata completar a capacidade da sala de cinema
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
RECOMÉNDASE:
forummetropolitano@coruna.gal
Unha serie audiovisual documental producida e realizada por Nós Televisión, co apoio do Concello da Coruña e asociacións e persoas que traballan pola recuperación da memoria da cidade, dirixida por Iago Prada.
Unha serie composta por 3 capítulos de arredor de 20 minutos cada un, para arroupar a reivindicación de que Casa Museo Casares Quiroga, a zona da península da Torre, Punta Herminia e Campo da Rata, e a Casa Cornide sexan declarados Lugares de Memoria Democrática.
A serie poderá verse en primicia o día 26 de novembro ás 19.00 horas na Sala Marilyn do Fórum Metropolitano da Coruña, con entrada aberta para todos os públicos ata completar a capacidade, sen necesidade de reserva previa. Ademais da proxección dos 3 capítulos da serie, terá lugar unha presentación e coloquio por parte das persoas responsables da serie audiovisual e participantes no proxecto.
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible