Concello da Coruña

Concello da Coruña

Latexos do corazón de África

Unha exposición que deixa pegada

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 13/10/2025 ata o 31/10/2025

* Charla- coloquio, venres 24 de outubro ás 19:00 h na Aula 9 do Centro Sociocultural Ágora. 

Horario:

  • De luns a venres: de 8:00 a 21:00 h
  • Sábado: de 8:00 a 14:00 h e de 16:00 a 21:00 h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

de balde 

Organiza:

FISC e a Compañía de María.

Despois da súa estancia en Madrid, onde emocionou o público do distrito de Arganzuela, a exposición "Latexos do corazón de África" chega agora ao Centro Ágora para seguir abrindo miradas, corazóns e conciencias.

A través da cámara de Cristina Sanz, relixiosa da Compañía de María e padroeira da Fundación Internacional de Solidariedade Compañía de María (FISC), a mostra convida a descubrir o rostro máis humano do continente africano.

As súas fotografías, tomadas durante as súas visitas á República Democrática do Congo, son reflexo da acollida entrañable da súa xente, da ledicia desbordante dos nenos, da fortaleza das mulleres e da dignidade que florece mesmo no medio da pobreza.

"Trato de que a miña mirada capte rostros e situacións que falen sen necesidade de palabras, que transmitan unha mensaxe, que se poidan escoitar -como di o título da mostra- os latexos do corazón das persoas", compartía a autora durante o acto de clausura en Madrid.

As imaxes non só conmoven, senón que tamén invitan ao compromiso: a mirar con atención, a deixarse tocar pola alegría inexplicable de quen sorrí a pesar das dificultades e a colaborar, desde onde cada quen estea, para construír un mundo máis xusto e digno.

Desde a FISC e a Compañía de María, esta exposición continúa o seu percorrido para que os latexos do corazón de África sigan a soar en quen os contemple.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión