Concello da Coruña

Concello da Coruña

Honra, a non historia de María Pita

A Asociación Galega de Teatro Musical presenta “HONRA. A non historia de María Pita”.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

18/07/2025

Horario:

20.00 h

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada: 9,00 €

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

Cousas que debes saber antes de virnos ver:

  • Esíxese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que comece a función.
  • Todas as persoas que accedan ao recinto onde terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan e de se ocupan ou non butaca.
  • Non está permitido entrar á sala con comida nin bebida (excepto auga).
  • Non está permitido sacar fotos nin gravar durante a función.
  • A capacidade da sala é limitada, polo que che recomendamos adquirir as túas entradas con antelación para asegurares a túa praza.
  • Por cuestións de seguridade, os carriños e as cadeiras de bebé deben permanecer fóra da sala.
  • Apaguen os móbiles antes de que comece a representación.

Organiza:

Asociación Galega de Teatro Musical

Contacto:

agora@coruna.gal

Unha moderna reflexión en formato musical, sobre a nosa heroína máis popular. Un drama histórico que narra os acontecementos sucedidos durante os días de asedio inglés á cidade da Coruña, nos que non só María alentou a loita. Pero que nos converte en heroes? Ou mellor dito... Que nos converte en estatua de bronce? Grazas á historia desta gran figura do noso pasado dámoslle valor á forte unión do noso pobo e glorificamos as pequenas loitas persoais de cada unha das súas persoas habitantes, sen importar a súa orixe, clase social, ideoloxía...

As persoas estamos en guerra, nunha loita constante e diaria por defender o que é noso ou o que cremos que debería ser noso. Todos somos María Pita e todos somos Inés de Ben, heroes e heroínas que poderiamos converter en estatua, premio ou rúa dun pequeno concello.

VENDA DE ENTRADAS

  • www.ataquilla.com
  • Despacho de billetes da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión