Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Esíxese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que comece a función.
Todas as persoas que accedan ao recinto onde terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan e de se ocupan ou non butaca.
Non está permitido entrar á sala con comida nin bebida (excepto auga).
Non está permitido sacar fotos nin gravar durante a función.
A capacidade da sala é limitada, polo que che recomendamos adquirir as túas entradas con antelación para asegurares a túa praza.
Por cuestións de seguridade, os carriños e as cadeiras de bebé deben permanecer fóra da sala.
Apaguen os móbiles antes de que comece a representación.
Organiza:
Asociación Galega de Teatro Musical
Contacto:
agora@coruna.gal
Unha moderna reflexión en formato musical, sobre a nosa heroína máis popular. Un drama histórico que narra os acontecementos sucedidos durante os días de asedio inglés á cidade da Coruña, nos que non só María alentou a loita. Pero que nos converte en heroes? Ou mellor dito... Que nos converte en estatua de bronce? Grazas á historia desta gran figura do noso pasado dámoslle valor á forte unión do noso pobo e glorificamos as pequenas loitas persoais de cada unha das súas persoas habitantes, sen importar a súa orixe, clase social, ideoloxía...
As persoas estamos en guerra, nunha loita constante e diaria por defender o que é noso ou o que cremos que debería ser noso. Todos somos María Pita e todos somos Inés de Ben, heroes e heroínas que poderiamos converter en estatua, premio ou rúa dun pequeno concello.
VENDA DE ENTRADAS
www.ataquilla.com
Despacho de billetes da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible