Unha exposición do colectivo OLLO DE VIDRO
Para público en xeral
Dende o 29/09/2025 ata o 11/10/2025
Inauguración, martes 30 setembro ás 18.30 h
de luns a venres de 8.00 a 21.00 h
sábados de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 h
domingos e festivos - pechado
AC Alexandre Bóveda en colaboración coa Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros
O colectivo de fotografía Ollo de Vidro, integrado na AC Alexandre Bóveda, quere contribuír a poñer en valor a importancia da transmisión do noso patrimonio cultural inmaterial expresado a través do legado musical, valorar especialmente o labor das mulleres pandeireteiras que mantiveron as músicas e as letras tradicionais en tempos escuros e difíciles, superando as críticas e a oposición dr unha parte da sociedade galega.
Tamén queremos destacar o traballo de múltiples persoas que foron quen de recoller todo ese patrimonio: músicas, danzas, letras e poñelo á nosa disposición. A todas elas o noso agradecemento porque a conservación e difusión dr este patrimonio contribúe a que Galicia soe con voz propia no universo dos pobos.
Participan nesta exposición:
Carlos Silvar
Eduardo Castro
Manolo Graña
Chelo do Xastre
Lestonnac Ibáñez
A exposición, levada a cabo en colaboración coa Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros, permanecerá exposta ata o 11 de outubro.
Neste acto contaremos coa actuación do grupo de pandeireteiras As Galantiñas de Asociación cultural Donaire
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible