O Artista Urbano Samuel celebra 20 Anos de Traxectoria cunha Exposición Retrospectiva na Coruña
Para público en xeral
Dende o 03/10/2025 ata o 30/10/2025
de luns a venres de 8.00 a 21.00 h
sábados de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 h
domingos e festivos - pechado
Sala de Exposicións Plataforma14. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Servizo de Mocidade do Concello da Coruña
Samuel Galán, artista urbano da Coruña, inaugurou a súa exposición Concrete loser o 3 de outubro ás 17.00 h, para celebrar as dúas décadas que leva no mundo do grafiti e o break dance. Na exposición pódese ver un percorrido pola súa obra e o desenvolvemento do seu estilo, culminando co eixo central do seu proxecto máis recente: a novela gráfica Concrete Loser, unha homenaxe inmersivo ao universo do hip hop onde se ve todo o proceso de creación desde os storyboards, desde o deseño de personaxes ás artes finais.
Samuel comezou a pintar no seu preadolescencia e desde entón a cultura urbana foi o seu xerme. A esta faceta de artista, sumouse en 2012 a súa paixón polo break dance e, consolidando o seu afán por crear cultura, a posta en marcha desde 2014 diferentes eventos culturais e eventos de danzas urbanas coa súa colectivolonely driverz mob.
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible