No espectáculo Blink Flash Duncan descubrimos a viaxe iniciático de Isa, viaxe baseada na biografía emocional de Isadora Duncan.A peza é unha proposta artística para os máis pequenos que busca espertar a danza como unha linguaxe de expresión e abrir a conciencia das propias emocións e as dos demais.
Familias, Para público en xeral
15/06/2025
Inicio de vendas para este espectáculo o venres 13 de xuño ás 11:00 h.
11:30 e 13:00 h
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
ENTRADA: 6,00 €
ABONO FAMILIAR (3 entradas para a mesma función): 15,00 €
MENORES DE 3 ANOS: 2,00 €
Cousas que debes saber antes de vir vernos:
Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)
agora@coruna.gal
Unha boa tarde, mentres todo o mundo dorme, unha nena desencantada, un pouquiño triste e aburrida, chega a unha praia. De súpeto, o seu mundo baleiro empeza a encherse de maxia: Isa descóbrese creadora. Cada recuncho da praia garda un obxecto que inicia un novo mundo cunha cor, música e experiencia propios. Isa é unha moza valente e atrévese a xogar.
O mundo cambiou, é un lugar cheo de posibilidades.
Dirémosvos un último secreto: estes obxectos gardan experiencias vitais de Isadora Duncan. Os nenos non a verán, nós tampouco, pero ela regalaranos un camiño cara á liberdade, cara ao descubrimento do propio movemento, cara á creatividade, cara á ilusión.
VENDA DE ENTRADAS
As entradas poderán adquirirse a partir do venres anterior a cada espectáculo.
PAGOS: no despacho de billetes da Praza de Ourense, na do Ágora e na venda en liña con cartón de débito ou crédito, excepto American Express.
MÁIS INFORMACIÓN www.coruna.gal/cultura
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible