Música en directo e cancións tradicionais para bebés
Familias, Infancia
25/11/2025
Dende o 21/11/2025 ata o 25/11/2025
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 2 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.
Dous pases: 17.00 e 18.30 horas
45 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
35 crianzas por sesión
De balde e con inscrición previa
As familias poderán aproveitar o poder emocional das nanas e cantos de berce de tradición oral do disco do mesmo nome, de Xabier Díaz e Guillerme Fernández. Melodías moi coñecidas, na guitarra de Guillerme e na voz de Inés Salvado.
A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora e haberá dous pases:
Hai que se inscribir previamente no horario escollido en https://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/proximas-inscricions
Pídese puntualidade.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible