Hai varias formas de obtelo (pode consultar información sobre todos os prestadores de Servizo de Certificación no portal firmaelectronica.gob.es). A máis sinxela é conectarse á páxina web de CERES, que pertence á Fábrica Nacional de Moeda e Timbre, de forma gratuíta en http://cert.fnmt.es e pulsar a ligazón "Obteña o certificado de usuario/a".
Alí atopará toda a información para obter o certificado dixital de forma gratuíta. Trátase dun proceso dividido en tres fases. Primeira: solicitude vía Internet do certificado. Segunda: acreditación da identidade nunha oficina de rexistro (Facenda, oficinas da Seguridade Social etc.). Terceira: descarga do certificado dixital.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible