O meu pago
Pode realizar o pago dos seus recibos, multas, liquidacións, autoliquidaciones e demais débedas, de maneira presencial ou telemática (opción recomendada). O Concello pon á súa disposición as ferramentas necesarias para que poida efectuar o pago de débedas sen desprazamentos.
Para poder realizar o pago é necesario que dispoña do documento de ingreso co código de barras. Recibos de impostos anuais (IBI, Vehículos, IAE, etc.), documentos de pago de autoliquidaciones (plusvalías, alta de vehiculos, taxas municipais e prezos públicos), multas de tráfico, multas da ORA, documentos de liquidacións emitidos polos diferentes servizos municipais e demas ingresos de dereito público.
En oficina bancaria
En calquera oficina de ABANCA, BANCO SANTANDER, BANCO SABADELL, CAIXABANK e BBVA. Horario: de luns a venres, de 8,30h a 14h.
Excepcións:
En caixeiros automáticos
Nas entidades ABANCA, BANCO SANTANDER, BANCO SABADELL, CAIXABANK e BBVA. Coas mesmas excepcións indicadas anteriormente para as multas de tráfico e as débedas en executiva.
En caixa municipal
O pago na caixa poderá facerse en metálico ou a través de cheque a nome do Excmo. Concello da Coruña, conformado ou certificado pola entidade bancaria, e a través de cartóns de débito e crédito.
Esta é a opción máis recomendada posto que non hai limitación polo tipo de ingreso, podendo realizar o pago de calquera débeda e con cartón de calquera entidade bancaria, sen custo, evitando desprazamentos. Para poder realizar o pago é necesario contar co documento de ingreso co código de barras.
Desde o móbil
Desde o computador
Outros trámites
O meu pago en liña
Información tributaria
Se desexa coñecer máis información sobre tributos, taxas, calendario fiscal, domiciliación de recibos ou pago aprazado pode consultar información detallada na web de Facenda ou consultar os procedementos dispoñibles nesta sede relacionados coa materia
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible