Concello da Coruña

Concello da Coruña

Tarxeta de residentes para a zona ORA

En que consiste?:

Permiso que permite estacionar nas zonas reservadas para residentes no sector correspondente e na franxa horaria que ocupa a zona ORA.

Onde se fai?:

A solicitude poderase presentar enviándolle un correo electrónico á empresa:

  • Correo: residentes@coruna.setex.es
  • Presencial: Oficinas Grupo Setex (avda. de Fernández Latorre, número 11, baixo). Teléfono: 881 123 938  (solicitude de cita previa).

Prazo de presentación:

Prazo de solicitude:

Desde o 15 de decembro de 2024 ao 31 de xaneiro de 2025 (ambos inclusive)

As persoas que soliciten o permiso fóra de prazo acudirán ás oficinas habilitadas para o efecto da empresa concesionaria SETEX, na avda Fernández Latorre n.º11, ou a través de correo electrónico, residentes@coruna.setex.es, achegando a documentación necesaria. Para solicitude presencial, solicitar cita previa no teléfono 881 123 938.

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

O distintivo de estacionamento de Uso de Residente está supeditado ao cumprimento dos requisitos que se mencionan a continuación e ao pagamento da taxa correspondente.

O período de vixencia da tarxeta terminará o 31 de decembro de cada ano.

A tarxeta de residente non terá validez nos espazos de Uso Xeral.

Só poderán adquirila as persoas físicas. Non existe un máximo de tarxetas por domicilio, nin por titular. Coa condición de que se cumpran os requisitos que se enumeran a continuación, pódense solicitar as que se desexen (unha por vehículo):

  • Ter o seu domicilio en zona ORA.
  • Ser titular do vehículo para o que se solicita a tarxeta.
  • Aboar a taxa establecida por un importe de 18,65 € (Ordenanza fiscal núm 21).
  • Estar ao corrente de pagamento do IVTM neste concello, ou gozar de exención.
  • Non ter pendente de pagamento en vía executiva sancións de circulación co concello no momento de efectuar a solicitude.

Internet

Teléfono

Máis información:

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión