Concello da Coruña

Concello da Coruña

PADALTAN

Padrón de habitantes: alta por nacemento

Canles:

Telemático, Presencial

Nivel de tramitacion electronica:

Tramitación electrónica

Tipo:

Rexistros e censos

Materia:

Trámites online, Poboación e comunidades

Órgano responsable:

Interior

Vixente:

Si

O empadroamento é o acto de rexistrarse no municipio de residencia habitual e determina que a persoa é considerada veciña desa poboación. Quen resida en máis dun municipio deberá efectuar o empadroamento naquel no que viva durante máis tempo no ano.

Este trámite permite efectuar a inscrición no Padrón de habitantes da cidade da Coruña das persoas recentemente nacidas en familias xa empadroadas previamente.

    Padrón: alta por nacemento

    Inscricións:

    Sobre o procedemento

    A quen vai dirixido?:

    Calquera persoa física que desexe realizar unha alta dun/dunha recentemente nado/a.

    Os/as menores de idade non emancipados/as e os/as maiores incapacitados/as deben figurar empadroados/as no domicilio dos pais ou representantes legais, salvo autorización por escrito destes para residir noutro domicilio.

    Requisitos:

    O Padrón é o rexistro que acredita a residencia e a dirección das veciñas e veciños do municipio para todos os efectos administrativos.

    Todas as persoas deberán estar empadroadas no domicilio no que máis tempo residan ao ano.

    Prezo / Custo:

    Ningún

    Máis información:

    O Instituto Nacional de Estatística (INE) comunícalle ao concello a información das persoas nacidas nel, que se incorporan ao Padrón de oficio, sen intervención das persoas interesadas. Se necesita esa alta inmediatemente, sen esperar a dita alta de oficio, poderá utilizar para iso este trámite.

    Presentación

    Prazo de presentación:

    A solicitude pódese realizar en calquera momento.

    Documentación necesaria:

    Libro de familia ou certificado de nacemento.

    Canles de presentación

    Presencial

    Que se necesita?:

    Os documentos especificados no apartado "Documentación necesaria".

    Como se fai?:

    Deberá solicitar cita previa e presentarse no momento establecido coa documentación.

    Internet

    Que se necesita?:

    Deberá dispoñer de certificado dixital.

    Como se fai?:

    Presentación da documentación en liña. Pulsando o botón Tramitar.

    Páxina web:

    https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=1443

    Teléfono

    Despois

    Prazo de resolución:

    O prazo máximo será de 3 meses.

    Sentido do silencio administrativo:

    Estimatorio

    Que che parece esta sección?

    -101-101-101

    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

    Iniciar sesión