Concello da Coruña

Concello da Coruña

EDLOPD

Exercicio de dereitos sobre os datos de carácter persoal

Canles:

Presencial, Telemático

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Declaracións e comunicacións dos interesados

Materia:

Sector público, Trámites online

Órgano responsable:

Informática, Secretaría do concello

Vixente:

Si

A través deste procedemento poderá enviar as súas solicitudes para o exercicio dos dereitos relativos á protección de datos. O Regulamento xeral de protección de datos (RXPD), Regulamento UE/2016/679, recoñécelles aos titulares de datos persoais o exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, oposición, supresión ("dereito ao esquecemento"), limitación do tratamento, portabilidade e de non ser obxecto de decisións individualizadas.

Dereito de acceso: ao exercer este dereito solicita confirmación de se se están tratando ou non datos persoais que lle concirnen e, en tal caso, que se lle facilite a información relacionada no artigo 15 do RXPD.

Dereito de rectificación: ao exercer este dereito solicita que se rectifiquen os datos persoais inexactos que lle concirnan ou se completen aqueles que sexan incompletos, de conformidade co previsto no artigo 16 do RXPD. O afectado deberá indicar na súa solicitude a que datos se refire e a corrección que se teña que realizar. Deberá acompañar, cando sexa preciso, a documentación xustificativa da inexactitude ou carácter incompleto dos datos obxecto de tratamento.

Dereito de supresión: ao exercer este dereito solicita que se supriman sen dilación indebida os datos persoais, de conformidade co previsto no artigo 17 do RXPD. Será necesario acreditar que concorren os correspondentes requisitos.

Dereito á limitación do tratamento: ao exercer este dereito solicita que se limite o tratamento dos datos persoais, de conformidade co previsto nos artigos 18 e 19 do RXPD. Será necesario acreditar que concorren os correspondentes requisitos.

Dereito á portabilidade dos datos: ao exercer este dereito solicita que se lle facilite o dereito á portabilidade dos datos, de conformidade co previsto no artigo 20 do RXPD.

Dereito de oposición: ao exercer este dereito oponse a que os datos persoais que lle concirnan sexan obxecto dun tratamento, de conformidade co previsto nos artigos 21 e 22 do RXPD.

Exercicio de dereitos sobre os datos de carácter persoal 2021

Inscricións:

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Calquera persoa física respecto dos seus propios datos, ou o seu representante

Requisitos:

Menores

  • Para menores de 14 anos, os dereitos serán exercidos polos titulares da patria potestade.

      Prezo / Custo:

      Ningún

      Máis información:

      Lémbrase que non se poderá exercitar devandito dereito en máis dunha ocasión durante o prazo de seis meses, a menos que exista causa lexítima para iso. (art 13.3 LOPDP 3/2018)

      Presentación

      Prazo de presentación:

      Sen prazo.

      Documentación necesaria:

      Solicitude Específica

      Solicitude Modelo 122 debidamente cumprimentada. No caso de que se solicite telematicamente a través desta sede electrónica, mediante o formulario web ao que se acceda.

      Documentos identificativos

      Documento identificativo da persoa solicitante (NIF, NIE, Pasaporte etc.).

      En caso de representante, documentación que acredite a representación ou a relación co interesado nos casos en que se actúe en nome doutra persoa, ou se solicite información sobre outra persoa (Poder notarial, Libro de Familia etc...).

      Documentos relacionados

      • mod 122 exercicio de dereitos de protección de datos (126 KB)

      Canles de presentación

      Presencial

      Que se necesita?:

      Os documentos específicos necesarios para o trámite que se vai a solicitar.

      Como se fai?:

      • De forma presencial no Rexistro Xeral con cita previa. Nas localizacións indicadas máis abaixo.
      • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello.
      • Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas"

      Internet

      Que se necesita?:

      Deberá dispoñer de certificado dixital .

      Unha vez cuberta a solicitude debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificala.

      No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

      Como se fai?:

      A través desta Sede electrónica municipal.

      En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obrigación de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:

      a) As persoas xurídicas.

      b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc).

      c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

      d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

      Páxina web:

      Tramitar

      Teléfono

      Despois

      Prazo de resolución:

      O concello responderá no prazo dun mes, mesmo aínda que non dispuxese dos datos da persoa solicitante.

      Sentido do silencio administrativo:

      Negativo

      E despois?:

      Ao exercer calquera destes dereitos, no caso de que se acorde, dentro do prazo dun mes, que non procede atender total ou parcialmente o dereito exercido, comunicarase á persoa interesada motivadamente co fin de que, no seu caso, poida solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos, ao amparo do artigo 57 do RGPD.

      A persoa á que se lle denegue, total ou parcialmente, o exercicio dos dereitos de oposición, acceso, rectificación ou cancelación, poderá poñelo en coñecemento da Axencia Española de Protección de Datos ou, no seu caso, do organismo competente de cada Comunidade Autónoma, que deberá asegurarse da procedencia ou improcedencia da denegación. https://www.aepd.es/sites/default/files/errorsede/error.html

      Que che parece esta sección?

      -101-101-101

      Tes un navegador demasiado antigo!

      Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

      Iniciar sesión