Concello da Coruña

Concello da Coruña

Coruña CULTPRESCO

Axudas de creación artística para artistas individuais empadroados Concello Coruña

Canles:

Telemático

Nivel de tramitacion electronica:

Tramitación electrónica

Tipo:

Axudas, becas e subvencións

Materia:

Sector público, Cultura e ocio

Órgano responsable:

Cultura

Vixente:

Si

Axudas de creación artística para artistas individuais empadroados no Concello da Coruña.

Teléfono de información directa: 981 184 200

  • Extensións 12024 e 12038

2022 Axudas de creación artística para artistas individuais empadroados no Concello Coruña ano 2022

Inscricións:

Dende o 22/09/2022 ata o 14/10/2022

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

As axudas teñen por obxecto contribuír aos gastos ocasionados pola creación de proxectos artísticos durante o ano 2022 e, como finalidade, promover a investigación, creación, desenvolvemento e difusión de contidos, produtos, programas, actividades e servizos culturais.

Poderán ser beneficiarias das axudas as persoas físicas maiores de idade que cumpran cos seguintes requisitos

Requisitos:

  • Estar empadroadas no Concello da Coruña cunha antigüidade de polo menos 2 anos anteriores, computados de forma consecutiva, ao ano en que se realice a solicitude. É dicir, deben estar empadroados na cidade con anterioridade ao día 01/01/2020.
  • Que se atopen ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Axencia Tributaria Galega, o Concello da Coruña e fronte á Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
  • Non estar a cumprir sanción firme por infracción disciplinaria ou administrativa cualificada como grave ou moi grave.
  • Non estar incurso nas causas de exclusión ou prohibición para obter a condición de beneficiario/a de subvencións que se refiren no conxunto da normativa reguladora desta convocatoria

Prezo / Custo:

Ningún

Órgano que resolve:

Alcaldía

Presentación

Documentación necesaria:

  • Solicitude Específica: Solicitude que deberá cumprimentarse e presentarse no modelo oficial establecido que se inclúe como Anexo I a esta convocatoria.
  • Documentos identificativos: Fotocopia do DNI ou NIF do solicitante.
  • Certificación dos datos bancarios, asinada e selada pola entidade financeira. (Formulario alta en terceiros).
  • Certificado de empadroamento no Concello da Coruña actualizado.
  • Certificados de estar ao corrente no cumprimento dos seus deberes tributarios coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Axencia Tributaria Galega, o Concello da Coruña e fronte á Seguridade Social.
  • Outra documentación: Os demais contemplados na normativa reguladora.
  • Proxecto: Proxecto para o que solicita a axuda, no modelo Anexo II (o máis detallado posible), no que se deberá informar dos seguintes puntos:
    • Título do Proxecto.
    • Cronograma de realización do proxecto.
    • Descrición das actividades do proxecto e fundamentación do mesmo.
    • Obxectivos do proxecto.
    • Destinatarios, indicando número e características.
    • Contexto social no que se desenvolve.
    • Colaboradores no proxecto (outras persoas, entidades ou apoios).
    • Recursos humanos, materiais e económicos cos que se conta para a realización do proxecto.
    • Ferramentas de comunicación pública e publicidade do proxecto.
    • Medidas para a atención á diversidade e políticas de igualdade de xénero que se contemplan.
    • Compromiso de utilización de linguaxe non sexista.
    • Medidas para compatibilizar o proxecto co respecto ao medio ambiente e a súa sustentabilidade.
    • Indicación da lingua para utilizar no proxecto.
    • Uso do logotipo do Concello da Coruña.
    • Se é posible, algunha mostra ou exemplo das actividades (pequenos extractos).
  • Orzamento: no Anexo III, Cadro de ingresos e gastos que detallará, da forma máis pormenorizada posible, os ingresos, excluído o importe da axuda solicitada, e os gastos do proxecto para o que se solicita a axuda, sinalando e distinguindo para ambos os conceptos aqueles que dentro do período incluído nesta convocatoria teñan carácter fixo ou xa realizado, e aqueles que sexan estimacións ou previsións. Deberán incluírse todos os ingresos previstos, teñan ou non carácter público ou natureza subvencional, e deberán contemplarse e argumentarse adecuadamente. Doutra banda, non se terán en conta as partidas que constitúan gastos non subvencionables, e non se computarán no orzamento nin se terán en conta para a asignación da axuda. En ningún caso, a suma dos ingresos, incluída a axuda solicitada, poderá superar o total dos gastos orzados. O orzamento deberá reflectir a diferenza entre ingresos e gastos como déficit resultante do proxecto, sendo considerado este déficit o importe da axuda solicitada, cun máximo de 10.000 €.
  • Memoria: Memoria ou curriculum vitae, das actividades artísticas e culturais realizadas polo solicitante, na que veña detallada a súa actividade ou experiencia no ámbito cultural. Recoméndase engadir unha mostra do traballo previo.
  • Carta de aceptación ou invitación: Nos casos de produción da obra nos que se teña invitación a expoñer, editar, representar etc., presentarase tamén a carta de compromiso ou invitación, se a houber.

Documentos relacionados

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

  • Cubrir o formulario e achegar a demais documentación que se indica na apartado Documentación necesaria.

Como se fai?:

  • De forma presencial no Rexistro Xeral.Nas localizacións indicadas máis abaixo.
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello.
  • Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas. Neste caso, deberá enviarse o xustificante de presentación da solicitude por correo electrónico á dirección cultura@coruna.gal dentro do prazo establecido, co asunto "Solicitude axudas creación artística A Coruña 2022" e indicando no corpo da mensaxe o lugar e data de presentación e o número de rexistro.

Internet

Que se necesita?:

  • Deberá dispoñer de certificado dixital.
  • Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a subvención que solicita, segundo se especifica  no apartado "Documentación necesaria".
  • No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

  • A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obriga de realizar este trámite a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=1182

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

O prazo máximo de resolución e publicación da concesión das axudas é de tres (3) meses, contados a partir da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despois?:

Unha vez revisada a documentación, publicarase no BOP un requirimento de corrección para aquelas solicitudes que o necesiten. Abrirase un prazo de corrección de dez (10) días hábiles, a contar desde o día seguinte á devandita publicación.

Finalizado este prazo, a Mesa de Avaliación, tras avaliar os proxectos e toda a documentación relacionada, emitirá un informe coas valoracións.

O órgano instrutor formulará unha proposta de resolución provisional, debidamente motivada, que se publicará no taboleiro de anuncios e edictos electrónico do Concello, e na que se indicará a relación de persoas beneficiarias e a puntuación outorgada.

Esta publicación iniciará o cómputo dun prazo de alegacións que será de dez (10) días hábiles.

Despois de examinar as alegacións presentadas, o órgano instrutor ditará a proposta de resolución definitiva.

As persoas propostas como beneficiarias enténdese que aceptan a axuda concedida se non presentan alegacións contra a proposta de resolución provisional.

A continuación, procederase a tramitar o pagamento anticipado. No caso de que a persoa beneficiaria non desexe que se lle realice o pagamento anticipado, deberá presentar un escrito ante o Servizo de Cultura, por rexistro, no prazo máximo de tres (3) días hábiles a partir do día seguinte ao de publicación da resolución definitiva no BOP.

A resolución definitiva publicarase no BOP e polos mesmos medios e lugares que a resolución provisional.

Recursos posibles:

  • Recurso potestativo de reposición.
  • Recurso contencioso-administrativo.
  • No caso de desestimación presunta, que se producirá se no prazo dun mes non se resolveu o recurso de reposición interposto (art. 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas), a interposición do recurso contencioso-administrativo non se suxeita a prazo de caducidade (Sentenza do Pleno do TC STC 52/2014, de 10 de abril).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión