Permiso que permite estacionar nas zonas reservadas para residentes (zona verde) no sector correspondente e na franxa horaria que ocupa a zona ORA (luns a venres de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas; sábados de 10:00 a 14:00 horas).
Requisitos
Soamente terán dereito aquelas persoas físicas, excluíndo en todo caso as xurídicas, que cumpran os seguintes requisitos:
Prazo de solicitude:
Desde o 15 de decembro de 2025 ata o 31 de xaneiro de 2026 (ambos inclusive)
TAXA AUTORIZACIÓN RESIDENTES: 18,65€ por ano natural ou fracción (Ordenanza Fiscal nº 21).
1. Para RENOVACIÓN POR VÍA PRESENCIAL (persoas que xa dispoñían de autorización no 2025 e que non modificaron as condicións anteriores*):
Achegar, nas Oficinas do Grupo Setex (Avda. Fernández Latorre, 11, Baixo), os seguintes documentos:
Tras realizar o trámite, o usuario recibirá un correo electrónico coa confirmación do alta como usuario residente para o ano 2026.
* No caso de que cambiasen as condicións que deron lugar á autorización correspondente ao ano 2025, deberán solicitar unha alta nova.
2. Para ALTA NOVA POR VÍA PRESENCIAL:
Achegar, nas Oficinas do Grupo Setex (Avda. Fernández Latorre, 11, Baixo), os seguintes documentos:
Unha vez comprobada a documentación, procederá ao abono da Taxa por importe de 18,65€. Poderá facelo en efectivo ou a través de pago con cartón nas mesmas Oficinas. O usuario recibirá un correo electrónico coa confirmación do alta como usuario residente para o ano 2026.
1. Para RENOVACIÓN POR VÍA TELEMÁTICA (persoas que xa dispoñían de autorización no 2025 e que non modificaron as condicións anteriores*):
Achegar, a través da seguinte ligazón, https://residentescoruna.gruposetex.es/:
Unha vez recibida e comprobada a documentación, o usuario recibirá un correo electrónico coa confirmación do alta como usuario residente para o ano 2026.
* No caso de que cambiasen as condicións que deron lugar á autorización correspondente ao ano 2025 deberán solicitar unha alta nova.
2. Para ALTA NOVA POR VÍA TELEMÁTICA:
Para solicitar por primeira vez, a autorización de residente ORA (Zona Verde) deberá achegar, a través da ligazón https://residentescoruna.gruposetex.es/:
Tras recibir e comprobar a documentación, o usuario recibirá un correo electrónico informando se cumpre ou non coas condicións para o acceso a esta autorización. En caso afirmativo, o usuario deberá realizar o abono da Taxa por importe de 18,65 €, no número de conta ES23 0081 5363 2400 0114 9316 (Titular: SETEX APARKI, S.A.). No concepto deberá figurar: nome da solicitante-matrícula-ano (exemplo: Xosé Pérez Fernández-1234BBB-2026).
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible