“Tú y yo”, e a danza… para eses miúdos corazóns amantes da vida.
Familiar con bebés a partir de 6 meses.
Familias, Infancia, Para público en xeral
12/05/2024
Xa rematou
Entradas esgotadas
11:30 e 13:00 h
30 min
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
ENTRADA: 6,00 €
ABONO FAMILIAR (3 entradas para a mesma función): 15,00 €
MENORES DE 3 ANOS: 2,00 €
- Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que comece a función.
- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada.
- Non está permitido entrar á sala con comida nin bebida (agás auga).
- Non está permitido sacar fotos nin gravar durante a función.
- Capacidade reducida.
Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)
agora@coruna.gal
Dous corpos que respiran todo o que os rodea. Dous corpos que aprecian o que non coñecen, dous corpos que xorden, crecen e descóbrense na súa tenra vida a través do xogo e da curiosidade.
"Tú y yo", e a danza... para eses miúdos corazóns amantes da vida.
"Tú y yo" latexa dentro deses lugares comúns ás persoas, que ao compartilos se volven presentes e nos fan mellores ao recoñecelos. "Tú y yo" nace coa condición de utilizar os límites que conviven coas persoas, e usalos como discurso para a creación do espectáculo.
Deseñado especialmente para a primeira infancia, este espectáculo ábrese a un mundo de posibilidades para bebés, nenos, nenas (de 6 meses en adiante) e familias.
En "Tú y yo" celebramos a diversidade e facemos da inclusión a nosa norma.
Dirección do espectáculo: Omar Meza
Dirección teatral: Concepción Villarubia
Dramaturxia: David Ojeda
Coreografía: Omar Meza
Bailaríns e colaboración coreográfica: M.ª José Casado e Raúl Durán
Composición musical: Carmen García Jara
Asesoramento en discapacidade visual: Francisco López Montellano e Carmen Herrero Menéndez (Centro de Recursos Educativos de ONCE Madrid), Tania Gombao e Cristina Carrasco (Asociación APHISA, de Alcalá de Henares).
VENDA DE BILLETES
PAGAMENTOS: no despacho de billetes da praza de Ourense, do Ágora e na televenda con tarxeta de débito ou de crédito, agás American Express.
MÁIS INFORMACIÓN www.coruna.gal/cultura
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible