20 de xuño de 2025
O prazo para presentar a documentación requirida é do 23 de xuño ao 7 de xullo, ambos os días incluídos.
Hoxe publícase no Taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña información referente á convocatoria para a concesión das axudas municipais para o pago de comedores escolares no curso escolar 2025/2026:
Ambas as listaxes poden consultarse nesta ligazón.
LISTAXE TOTAL DE EXPEDIENTES PRESENTADOS
Listaxe coa totalidade das solicitudes presentadas á convocatoria de bolsas municipais para o pago de comedores escolares no curso escolar 2025/2026, co codigo de rexistro de entrada ordenado alfabeticamente, a súa data de entrada no rexistro e co número de expediente que lle corresponde a cada solicitante.
O código do asento é o identificador da solicitude, constituído por unha serie de letras e números. Nas solicitudes presentadas presencialmente en calquera dos rexistros municipais, este código aparece no cadro "Identificador" da Portada Normalizada de Documento Electrónico que se lle entregou na oficina do rexistro.
Se a solicitude sepresentou no Rexistro de Ágora, o seu código de asento comeza por AGOE, no Fórum Metropolitano por FORE, na Franxa por FRAE e en Mesoiro ou María Pita por RMPE. Se se presentou na sede electrónica municipal, aparece no campo "código do asento" ou selo dixital de rexistro.
LISTAXE DE CORRECCIÓN
Só aparecen neste documento os expedientes que son obxecto de requirimento de emenda, identificados polo número de expediente.
Na columna ESTADO DA DOCUMENTACIÓN deste documento móstrase o estado da solicitude:
A documentación poderase presentar:
O prazo para presentar a documentación requirida é do 23 de xuño ao 7 de xullo de 2025.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible