Concello da Coruña

Concello da Coruña

"Música na pel", de Arkhé

Obradoiro para familias con bebés que aínda non se despracen

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia

Cando:

07/10/2025

Inscricións:

Dende o 03/10/2025 ata o 07/10/2025

A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 2 meses ata 1 ano, ou que aínda non se despracen, acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

Pídese puntualidade.

Horario:

Dous pases: 17.00 e 18.30 horas 

Duración:

50 min aprox.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Número de prazas:

15 crianzas por sesión

Prezo:

De balde e con inscrición previa

Obradoiro para as familias con bebés no que exploraremos, con moita liberdade de acción, a importancia da lingua, da música e de captar estímulos. Autoexploración e aprendizaxe de masaxes, cancións, xogos e arrolos tradicionais cos que establecermos vínculos. 

A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora e haberá dous pases: 

Hai que se inscribir previamente no horario escollido en https://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/proximas-inscricions

Pídese puntualidade. 

Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión