Concello da Coruña

Concello da Coruña

Lectura teatralizada de Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete, de Castelao

Un ano máis a Federación Galiza Cultura, coa axuda de Cultura da Deputación da Coruña, coordina os actos en que participan asociacións de todo o país arredor do Día de Defuntos cunha lectura pública da peza “Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete” escrita por Castelao e publicada en 1922 pola Editorial Céltiga de Ferrol.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

31/10/2025

Horario:

19:30 h 

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

de balde. Non se precisa reserva previa nin retirar billete de entrada.

Organiza:

Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"

Na cidade da Coruña será o venres 31 de outubro, a partir das 19.30 h no auditorio do Centro Ágora, grazas á colaboración do Concello da Coruña que incluíu este evento na programación Agra no Ágora de 2025. A entrada é libre e de balde.

As asociacións A.C. Alexandre Alexandre Boveda, A.C. Tempo Novo, A.C. O Facho, A.C.L.P. Roxín Roxal e Asociación veciñal Agra participan nunha lectura teatralizada para desvelarnos que, tal vez, hai moita semellanza entre o alén e o aquén.

Ao rematar a lectura a Federación Galiza Cultura convida o público asistente a celebrar un magosto no campo de chave que ofreceu a Asociación Os Mariñeiros, que tamén colabora nesta parte do evento.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión