Concello da Coruña

Concello da Coruña

Confluencia de miradas

Dúas linguaxes. Dous universos creativos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 06/03/2026 ata o 30/03/2026

Venres 6 de marzo ás 19.00 h - Inauguración

Horario:

Inauguración ás 19.00 h

Do 6 ao 30 de marzo

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

libre

Organiza:

Gabriela Laura Palumbo

Unha experiencia que non se parece a nada que vises antes.

Exposición de arte e fotografía

Confluencia de miradas

Cando dúas miradas artísticas se unen... nace a maxia.

A mirada precisa e profundamente humana da fotografía de Luis Barca Buyo dialoga, crúzase e tensiónase coa arte contemporánea, simbólica e chea de fantasía de Gabriela Laura Palumbo, e dá lugar a unha exposición radicalmente diferente.

Non é unha mostra convencional.

Non é unha unión habitual.

É un encontro pouco frecuente entre disciplinas que raramente conviven nunha mesma sala, e cando o fan... algo se transforma.

Unha invitación para mirar con máis atención e máis amodo. A deixarse atravesar por imaxes que falan dende lugares distintos, pero conflúen nunha mesma emoción.

Unha exposición distinta, arriscada e sorprendente, desas que non se repiten. Valo perder?

Fotografía: Luis Barca Buyo

Instagram: @luis.barca_

Arte: Gabriela Laura Palumbo

Web: www.almainquieta.es

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión