Concello da Coruña

Concello da Coruña

CRPFTM

Cambio ou renovación do perfil social na Tarxeta Millennium

Canles:

Presencial, Telemático

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Axudas, becas e subvencións, Certificados

Materia:

Sector público, Transporte

Órgano responsable:

Mobilidade

Vixente:

Si

Xestionar cambios ou renovacións de perfís sociais da Tarxeta Millennium para o transporte público

Existen diferentes perfís:

1.- Perfil Escolar: idade entre 13 e 25 anos. Límite renda. Matriculado. Validez anual. Tarxeta Bus Millennium Escolar

2.- Perfil Pensionista: idade menor de 65. Límite renda. Validez anual.

3.- Perfil Xubilada/ou: maior de 65. Límite renda. Validez indefinida. Tarxeta Bus Millennium para persoas xubiladas

4.- Perfil Desempregada/ou: idade entre 16 e 65 anos. Polo menos un mes en situación de desemprego. Validez seis meses. Tarxeta Bus Millennium Desempregados/as

5.- Perfil Diversidade Funcional: Límite renda. Discapacidade ≥33%. Validez 1 ano. Tarxeta Bus Millennium Diversidade funcional

A través dun convenio entre o Concello e a UDC, o seu estudantado ten dereito ao perfil universitario (clicar aquí para máis información)

Cambio ou renovación de perfil social na Tarxeta Millennium

Inscricións:

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Persoas físicas empadroadas no Concello da Coruña como mínimo seis meses antes da solicitude, e que cumpran cos requisitos establecidos para activar o correspondente perfil

Órgano que resolve:

Transportes

Máis información:

Aboamento por recorrencia: vai dirixido a fomentar o uso do autobús urbano e bonificar as persoas usuarias habituais. Consiste en devolver o importe das viaxes a partir dun número determinado segundo o seu perfil. Os aboamentos realizaranse na propia tarxeta no momento de recargala, a partir do día 5 do mes seguinte ao seu uso. Nestes perfís sociais, a partir das 70 viaxes mensuais.

Presentación

Prazo de presentación:

Sen prazo

Documentación necesaria:

En todos os casos:

  • Solicitude. Modelo 120:

En función do perfil solicitado, a correspondente declaración responsable:

  • Anexo I: Perfil desemprego
  • Anexo II: Perfil desemprego persoas estranxeiras
  • Anexo III: Perfil pensionista
  • Anexo IV: Perfil xubilación
  • Anexo V: Perfil diversidade funcional
  • Anexo VI: Perfil escolar

Se é o caso:

  • Autorización: autorización de consulta de datos fiscais, se fose o caso.
  • Declaración: Declaración do estado civil

Documentos relacionados

  • mod 120 activación ou renovación de perfl social da Tarxeta Millennium (220 KB)
  • Autorización de consulta de datos AEAT para cambio de perfil da Tarxeta Millennium (447 KB)
  • Declaración xurada do estado civil para cambiar o perfil da Tarxeta Millennium (57 KB)
  • Anexo I Perfil Desemprego (estranxeiros) Declaración responsable (37 KB)
  • Anexo II Perfil Desemprego Declaración responsable (39 KB)
  • Anexo III Perfil Pensionista Declaración responsable (38 KB)
  • Anexo IV Xubilación Declaración responsable (36 KB)
  • Anexo V Perfil Diversidade Funcional Declaración responsable (38 KB)
  • Anexo VI Perfil Escolar Declaración responsable (44 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

  • Cubrir o impreso específico de solicitude (modelo 120), a declaración responsable correspondente ao perfil solicitado, e achegar a documentación que se sinala no apartado "Documentación necesaria".

Como se fai?:

  • De forma presencial no Rexistro Xeral. Nas localizacións indicadas máis abaixo.
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello.
  • Nos demais supostos contemplados no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

Internet

Que se necesita?:

  • Deberá dispoñer de certificado dixital.
  • Unha vez cuberta a solicitude telemática, se vostede debese presentar máis documentación para achegar á solicitude, deberá ter preparados os ficheiros que necesite segundo se especifica no apartado "Documentación necesaria".
  • No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

  • A través desta sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite a través da sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc.).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

Tramitar

Teléfono

Despois

Sentido do silencio administrativo:

Non procede

E despois?:

Actívase nos caixeiros, unha vez tramitada de conformidade a petición.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión