Concello da Coruña

Concello da Coruña

Seguridade da sede electrónica

O Concello da Coruña garante a seguridade da contorna da Sede electrónica e aplicacións corporativas co uso dos correspondentes certificados de dispositivo seguro.

    Certificado de sede electrónica

    Segundo o artigo 38.6 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, as sedes electrónicas utilizarán, para identificarse e garantir unha comunicación segura con elas, certificados recoñecidos ou cualificados de autenticación de sitio web ou medio equivalente.

    A autenticidade da sede electrónica do Concello da Coruña está garantida mediante un certificado electrónico emitido por Camerfirma.

    Estes certificados de sede electrónica permiten:

    • Identificar e autenticar fidedignamente as sedes electrónicas dos diferentes organismos da Administración pública española.
    • Establecer unha conexión segura entre o navegador da persoa usuaria e o sitio web da sede de maneira que a comunicación entre ambos se produce cifrada, evitando a posible interceptación por un terceiro da información intercambiada e asegurando a identidade de ambos os extremos durante a conexión.

    Verificación do certificado de sede electrónica

    Se o seu navegador o/a avisa de que non pode comprobar a conexión segura con esta sede, indica que non recoñece o certificado raíz da entidade emisora, que nesta sede é Camerfirma.

    O Ministerio da Presidencia ofrece a plataforma VALIDe, a través da cal poderá verificar a validez do certificado da Sede electrónica do Concello da Coruña de forma directa e gratuíta, realizando os pasos seguintes:

    1. Acceda ao servizo de validación de Sede electrónica de VALIDe
    2. Introduza o enderezo da Sede electrónica do Concello da Coruña https://sede.coruna.gob.es
    3. Introduza o código de seguridade
    4. Pulse o botón 'Validar'

      Protección de datos de carácter persoal

      Segun establece a vixente normativa de protección de datos que os datos solicitados nesta sede serán tratados polo Concello da Coruña coa finalidade de tramitar as súas solicitudes.

      A licitud do tratamento está baseada no artigo 8.1 da Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro , de Protección de Datos Personais e garantía dos dereitos dixitais e no artigo 6.1 e) do RGPD. O tratamento é necesario para o cumprimento dunha función realizada en interese público e no exercicio de poder públicos conferidos ao Concello da Coruña pola Lei 7/1985, de 2 de abril , Reguladora das Bases do Réxime Local e/ou na lexislación sectorial de desenvolvemento.

      Non están previstas comunicacións de datos a terceiros salvo obrigación legal, nin están previstas transferencias a terceiros países ou organizacións internacionais. Os datos serán conservados durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar desta finalidade e do tratamento dos datos. Unha vez concluído o citado prazo, atenderase aos prazos establecidos nos calendarios de conservación ditaminados pola normativa de Arquivo do Concello.

      Aquelas persoas físicas que faciliten os seus datos ao CONCELLO DA CORUÑA poderán dirixirse a esta administración, na súa calidade de Responsable do arquivo, co fin de poder exercitar gratuitamente os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición respecto dos datos incorporados nolos seus arquivos nos termos previstos pola lexislación vixente .

        Dereitos das persoas afectadas e exercicio de dereitos

        O interesado poderá exercitar os seus dereitos mediante comunicación por escrito dirixida ao Rexistro Xeral do Concello da Coruña, sito en Praza María Pita , 1. 15001 A Coruña, coa seguinte referencia na súa carta: "LOPD Exercicio de dereitos" (xunto á súa solicitude escrita e asinada, deberá acreditar a súa personalidade achegando fotocopia do D. N.I) ou ben mediante solicitude na sede electrónica . Dado o carácter confidencial da información, non poderá exercitar os seus dereitos telefonicamente, posto que este medio non permite acreditar a identidade como titular dos datos inscritos.

        Exercicio de dereitos

          Que che parece esta sección?

          -101-101-101

          Tes un navegador demasiado antigo!

          Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

          Iniciar sesión