A Sede electrónica do Concello da Coruña é o espazo virtual a disposición dos cidadáns e cidadás para acceder á información, os servizos e os trámites electrónicos do concello.
O Concello da Coruña é o titular da Sede electrónica.
A xestión e a administración da Sede electrónica correspóndenlle á Dirección da Área de Economía, Facenda e Réxime Interior. As áreas do concello e dos organismos autónomos que integran o seu sector público e que están integrados na sede son responsables, no ámbito das súas competencias, da integridade, a veracidade e a actualización da información, dos trámites e dos servizos que se atopan na Sede electrónica.
O enderezo da Sede electrónica é: https://sede.coruna.gal
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible