Espectáculo teatral para a primeira infancia
Familias, Infancia
30/09/2025
Desde el 26/09/2025 hasta el 30/09/2025
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 1 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.
Dous pases: 17.00 e 18.30 horas
30 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
35 crianzas por sesión
De balde e con inscrición previa
Comer é un pracer, pero antes hai que cociñar e escoller os mellores produtos, porque as mazás poden ser verdes ou vermellas, as galletas grandes e pequenas, os tomates da casa ou doutro lado do mundo.
A min encántame o salgado! Pois eu prefiro o doce!
Ñam! é un espectáculo creado a partir do mundo da cociña, para ver, escoitar, ulir, sentir e saborear en familia.
A actividade desenvolverase no escenario do auditorio do Centro Ágora e haberá dous pases:
Hai que se inscribir previamente no horario escollido en https://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/proximas-inscricions
Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible