Música e conto cos animais da granxa como protagonistas
Familias, Infancia
28/10/2025
Desde el 24/10/2025 hasta el 28/10/2025
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 1 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.
Dous pases: 17.00 e 18.30 horas
30 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
35 crianzas por sesión
De balde e con inscrición previa
Neste espectáculo, creamos unha sesión multidisciplinar na que, a través da palabra, da música en directo, do xogo e da complicidade das familias, levamos as crianzas a unha aprendizaxe do mundo animal, da lingua e dos sons.
É hora de deitarse na granxa. Xan revisa que todas as tarefas estean feitas: fixo os deberes, limpou os dentes, fixo pis, puxo o pixama... e marchou para a cama. Pero esqueceu algo moi importante: darlles a cea aos animais!!!
Ao día seguinte, o galo érguese cedo como cada día para espertar o sol, pero ten tanta fame que non pode cantar! E todo o mundo sabe que se o galo non canta, o sol non se levanta, e se o sol non se levanta, Xan nunca espertará e non lles dará de almorzar. Que desastre!
A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora e haberá dous pases:
Hai que se inscribir previamente no horario escollido en https://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/proximas-inscricions
Pídese puntualidade.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible