PPT
Telemático, Presencial
Tramitación electrónica
Recursos humanos
Emprego, Trámites online
Persoal e Recursos Humanos
Si
Participación na convocatoria de provisión dos postos de traballo do Concello da Coruña mediante o procedemento de concurso ordinario.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE PARTICIPACIÓN: O persoal interesado poderá solicitar a participación no concurso ordinario de provisión de postos de traballo.
Concurso Ordinario, C.E. 1/25
Dende o 11/12/2025 ata o 24/12/2025
Persoal funcionario de carreira do Concello da Coruña, así como o persoal funcionario de carreira doutras Administracións Públicas naqueles postos de traballo ofertados que figuren na relación de postos de traballo (en diante RPT) abertos á súa ocupación por persoal procedente doutras Administracións Públicas, sempre que reúnan as condicións e requisitos esixidos nesta convocatoria na data en que termine o prazo de presentación de solicitudes. Estes requisitos deberán manterse ata a data de toma de posesión no posto adxudicado.
Permanecer un mínimo de dous anos no último posto obtido con carácter definitivo.
A adxudicación do posto solicitado ás persoas participantes estará condicionada a que cumpran os requisitos de desempeño e ocupación daquel establecidos na RPT e alcancen a puntuación mínima esixida na base 5.
O persoal doutras Administracións Públicas distintas do Concello da Coruña, ademais dos requisitos anteriores, deberá cumprir os requisitos esixidos nas normas de xestión da RPT vixentes.
Ningún
Concelleiro delegado responsable da área de Economía e Planificación Estratéxica
Normativas relacionadas
O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE (do 11 ao 25 de decembro de 2025.
Publicación previa da convocatoria noutros boletíns:
Non procede
Deberá dispoñer de certificado dixital .
Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para tramitar a devandita solicitude, segundo especifícase na apartado "Documentación necesaria".
No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.
A través desta Sede electrónica municipal.
En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obrigación de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:
a) As persoas xurídicas.
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios, etc).
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colegiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.
https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=1202
IMPORTANTE:
Lembre que, co envío do formulario ao que vai acceder, unicamente está a solicitar a participación no concurso ordinario (NON PROCEDE A ELECCIÓN DE POSTOS)
Non procede
De acordo co previsto na Lei 39/2015, de 1 de outubro , do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, e na Lei 29/1998, de 13 de xullo , reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa, contra a resolución deste procedemento, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse, con carácter potestativo, un recurso de reposición no prazo dun mes ante o mesmo órgano que a ditou ou un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa contados a partir do día seguinte ao da publicación da disposición impugnada ou ao da notificación ou publicación do acto que poña fin á vía administrativa. No caso de interpoñer un recurso de reposición, non se poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación presunta.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible