Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Actividades de clausura do programa de lecer

Primavera 2024

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 20/05/2024 ata o 15/06/2024

Inscricións:

PREME AQUÍ PARA ACCEDER Á LIGAZÓN DE INSCRICIÓN

Documentos:

Programa saídas 2024 (4 MB)

Listaxe de inscricións – Saídas clausura programa de lecer 2024 (535 KB)

PREINSCRICIÓN PARA AS PERSOAS PARTICIPANTES DO PROGRAMA DE LECER: 20, 21 e 22 de maio

A través do formulario colgado na páxina web http://www.coruna.gal/cultura.

Para aquelas persoas que non teñan posibilidade de facelo de maneira telemática, haberá persoal de axuda no Ágora e no Fórum, en horario das 9.00 ás 14.00 h.

Cada persoa pódese anotar en 3 saídas curtas e 3 longas. Deben anotalas por orde de preferencia. No caso de querer ir con outra/s persoa/as que participa/n nos obradoiros, é imprescindible facer a preinscrición de forma consecutiva.

SORTEO: xoves 23 de maio, ás 10.00 h

NÚMERO QUE SAÍU NO SORTEO: 483

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DE PERSOAS ADMITIDAS: o 24 de maio, a partir das 10.00 h, no Fórum, no Ágora, na páxina web e no servizo 010. 

Listaxe de inscricións – Saídas clausura programa de lecer 2024

Adxudicacións - Saídas longas

Adxudicacións - Saídas cortas

ABOAMENTO: venres 24 (horario de mañá), luns 27 e martes 28 de maio, das 10.00 ás 14.00 h e das 16.00 ás 20.00 horas (salvo o venres 24, o horario será das 10.00 ás 14.00 horas).

UNICAMENTE SE REALIZARÁN OS COBROS EN EFECTIVO. De non facer efectivo o aboamento da/s saída/s adxudicada/s, a persoa interesada perderá a súa preferencia, e as prazas serán vendidas como prazas libres.

PRAZAS LIBRES PARA PÚBLICO EN XERAL (se aínda houbese prazas): a partir do 30 de maio. Farase por inscrición directa, no Fórum e Ágora, das 10.00 ás 14.00 horas. ABOAMENTO: UNICAMENTE SE REALIZARÁ EN EFECTIVO.

PROCESO DE ADXUDICACIÓN DE PRAZAS

A partir do número do sorteo tratarase de asignar a primeira saída preferente e o asento do autobús, ata esgotárense as prazas.

No caso de moita demanda, organizaremos outro autobús ou mesmo máis autobuses noutras datas. Trataremos de adxudicar 2 saídas curtas e 2 longas por persoa, sempre e cando teñamos prazas suficientes. E no caso de que sobrasen prazas, poderíase adxudicar unha terceira.

A partir do número que saíse no sorteo, iremos asignando as prazas de cada saída ata completarmos o autobús entre todas as persoas que as solicitasen, pola orde de preferencia que estableceron na solicitude.

MOI IMPORTANTE:

*As saídas terán un número mínimo de participantes para seren realizadas: 15 persoas para as curtas e 45 para as longas.

*As rutas poden sufrir algunha modificación. Nestes casos as persoas interesadas serán informadas.

*No caso de anular a praza xa aboada, só se devolverá o importe no caso de se cubrir con outra persoa.

Documentos relacionados

  • Listaxe de inscricións – Saídas clausura programa de lecer 2024 (535 KB)
  • Adxudicacións - Saídas cortas (456 KB)
  • Adxudicacións - Saídas longas (345 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión