Concello da Coruña

Concello da Coruña

Que queres facer?

O Concello da Coruña pon a disposición das súas veciñas e veciños a posibilidade de efectuar todos os trámites relativos ao Padrón de habitantes de forma telemática.

Nesta páxina atoparás unha breve descrición de cada unha das opcións e poderaste dirixir cara á tramitación dentro desta sede.

Darte de alta no Padrón municipal ou cambiar de domicilio

Mediante este trámite poderás realizar calquera desas dúas xestións, tanto unha alta por novo/a empadroado/a no concello, como un cambio de domicilio se xa figurabas no noso Padrón. Faise sempre en dúas fases: obtención de borrador de folla padroal, en liña sen certificación, e presentación dela asinada e coa documentación necesaria, dispoñible tanto de forma presencial como telemática.

TRÁMITE EN LIÑA

Modificar os datos que constan no Padrón

Mediante este trámite poderás poñer en coñecemento do concello calquera modificación dos datos persoais que constan no Padrón; sería o caso, por exemplo, dun cambio no documento de identificación, nome, apelidos, data de nacemento, sexo ou nivel de estudos. O cambio de domicilio debes facelo no trámite anterior.

TRÁMITE EN LIÑA

Alta por nacemento

O INE comunícalle periodicamente ao concello a información das persoas nadas nel, que se incorporan ao Padrón de oficio, sen intervención das persoas interesadas. Se por algún motivo necesitas que o teu fillo ou filla recentemente nado/a se incorpore á túa folla padroal urxentemente, sen esperar á comunicación do INE, aquí poderás facelo de forma telemática.

TRÁMITE EN LIÑA

Baixa por defunción

O INE comunícalle periodicamente ao concello esta información, que se incorpora ao Padrón de oficio, sen intervención das persoas interesadas. Se por algún motivo necesitas que o Padrón rexistre unha baixa por falecemento, sen esperar á comunicación do INE, aquí poderás facelo de xeito telemático.

TRÁMITE EN LIÑA

Renovación de empadroamento e confirmación de residencia para persoas estranxeiras

Mediante este trámite, as persoas estranxeiras que cumpran certos requisitos, poderán confirmar ou renovar a súa inscrición no Padrón de habitantes, contestando a petición que recibirán do concello.

TRÁMITE EN LIÑA

Certificados de empadroamento sen DNI electrónico ou certificación dixital

Mediante esta opción poderán solicitarse certificados de empadroamento que serán remitidos polo concello.

TRÁMITE EN LIÑA

Certificados de empadroamento con DNI electrónico ou certificación dixital

Mediante esta opción, tras validar o seu certificado electrónico, accederá ao servizo de obtención de certificados de empadroamento.

TRÁMITE EN LIÑA

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión