Concello da Coruña

Concello da Coruña

AAODPSJFNBR

Autorizacións de aproveitamento e ocupación do dominio público, en réxime de concorrencia, para a venda ambulante durante as festas de San Juan, o Festival noroeste e a Celebración da batalla naval

Canles:

Telemático

Nivel de tramitacion electronica:

Tramitación electrónica

Tipo:

Autorizacións, licenzas, concesións e homologacións, Dominio Público

Materia:

Comercio, Sector público

Órgano responsable:

Uso e Utilización do Dominio Público, Emprego, Empresa, Turismo, Porto, Mercados, Consumo

Vixente:

Si

Convocatoria pública para o otorgamiento de autorizacións de aproveitamento e ocupación do dominio público, en réxime de concorrencia, para a venda ambulante de hamburguesas, bocadillos, patacas fritas, churros, xeados e bebidas durante a noite de San Juan, os días dos concertos do Festival Noroeste na praia de Riazor e a noite da celebración da Batalla Naval (anos 2023, 2024, 2025 e prorrogable a 2026).

Autorizacións de aproveitamento e ocupación do dominio público, en réxime de concorrencia, para a venda ambulante durante as festas de San Xoán, o Festival Noroeste e a Batalla naval

Inscricións:

Dende o 26/04/2023 ata o 08/06/2023

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Persoas físicas e xurídicas

Requisitos:

a) Estar dado de alta no epígrafe correspondente do Imposto de Actividades Económicas e estar ao corrente do pagamento da tarifa ou, en caso de estar exentos, estar dado de alta no censo de obrigados tributarios.

b) Estar dado de alta no réxime correspondente da Seguridade Social e ao corrente no pagamento das cotizacións en tal réxime.

c) Satisfacer as taxas e os tributos fixados na correspondente ordenanza municipal.

d) Dispoñer dos permisos de residencia e traballo que, en cada caso, fosen esixibles, se se tratase de persoas estranxeiras.

e) Cumprir as condicións e requisitos esixidos pola normativa reguladora dos produtos que sexan obxecto de venda.

f) Estar en posesión, no seu caso, do certificado acreditativo de recibir formación en materia de manipulación de alimentos.

g) As persoas xurídicas deberán acreditar os seguintes extremos: o NIF, acta de constitución, estatutos e escritura de poder outorgada á persoa que asina a solicitude de autorización en representación da empresa.

h) Dispor de seguro de responsabilidade civil que cubra a actividade.

i) Dispor, no caso de que se realicen conexións eléctricas, dun certificado de instalación eléctrica expedido pola Consellaría competente en materia de Industria, así como xustificante da súa presentación na distribuidora eléctrica e o pagamento efectuado na mesma.

j) Dispor, nos casos en que sexa preciso, certificado de resistencia ao lume ou de ignifugación, dos materiais susceptibles de combustión que formen parte do carriño-caseta así como acreditar a existencia dun extintor de 6 kg de po polivalente de eficacia 21A-113B (achegando o certificado de revisión dos extintores).

k) En relación ás churrarías ou postos portátiles ou vehículos de venda de produtos quentes, o solicitante, xunto coa solicitude, achegará:

  • En caso de utilizar un vehículo: certificado técnico do fabricante e permiso de circulación e ITV correspondente.
  • En caso de utilizar un remolque: certificado electrotécnico de baixa tensión (boletín). A instalación eléctrica do remolque deberá ser realizada por Instalador Autorizado. Non se permitirán instalacións alimentadas a gas. No suposto de non ser posible a conexión á Rede Eléctrica, o vehículo disporá de grupo electróxeno.
  • Certificado de revisión de extintores (mínimo un extintor portátil de Po Polivalente21A/144B).

l) Dispor, en relación cos postos para vehículos autotenda, de certificado de matriculación do vehículo co que leve a cabo a prestación, así como certificado de características técnicas ou documentación que demostre se o tipo de vehículo é eléctrico ou híbrido.

Prezo / Custo:

Suxeito a taxa.

Tras a adxudicación, o concesionario terá que aboar a taxa correspondente de acordo coa Ordenanza aplicable: nº 31

Órgano que resolve:

Concelleira de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade

Máis información:

A renuncia ao posto adxudicado suporá a exclusión automática das ofertas do solicitante presentadas ao resto de postos aos que concorra.

A renuncia ao posto adxudicado poderá dar lugar a:

  • Unha indemnización ao Concello polo importe ofrecido para a tempada.
  • A inadmisión do solicitante ou da empresa á que represente na seguinte convocatoria.

Outra información que o Concello considere de interese para os cidadáns e cidadás

Prohíbense as prácticas calificables como colusorias, consistentes en que unha mesma persoa presente unha proposición a título individual ou participando á vez en diferentes sociedades ou entes sen personalidade xurídica, coa intención clara de controlar e monopolizar o postos obxecto de licitación, reservándose en tal caso o Concello a facultade de excluír as ofertas nas que se aprecie a súa existencia, previa audiencia aos licitadores sospeitosos de tal conduta.

Presentación

Prazo de presentación:

Órgano xestor:

  • Servizo de Concesións e Patrimonio Municipal (teléfono 981 18 42 00, extensión 10085)

30 días hábles desde a publicación no BOP ( do 26 de abril ao 8 de xuño de 2023)

Documentación necesaria:

A recollida nos Pregos que rexen esta convocatoria.

O "Arquivo A/sobre A: Declaración responsable":

  • Persoas xurídicas: presentación telemática obrigatoria segundo formato descargable da Sede electrónica (ANEXOS I e ANEXO III do Prego de cláusulas administrativas).
  • Persoas físicas: presentación telemática ou presencial.

O "Arquivo B/sobre B: Oferta económica":

  • Presencial - para todos os participantes (persoas físicas e xurídicas). O documento recollido como ANEXO II ao Prego de prescricións técnicas, tamén descargable desde a Sede electrónica.

Documentos relacionados

  • Plano Localizacións postos venda ambulante en Festas de Sn Xoán, o festival Noroeste e da Batalla Naval (6 MB)
  • Declaración responsable para persoas físicas e xurídicas San Xoán. Anexo I (81 KB)
  • Proposición económica. Festas de San Xoán. Anexo II (87 KB)
  • Anexo III declaración responsable de non estar incurso en prohibición de contratar. (52 KB)
  • PCAP castelán Festas de San Xoán, o festival Noroeste e Batalla Naval (1 MB)
  • PCAP galego Festas de San Juan, o festival noroeste e a celebración da batalla naval (1 MB)
  • PPT castelán Festas de San Xoán, o festival Noroeste e a a Batalla Naval (361 KB)
  • PPT galego Festas de San Juan, o festival noroeste e a celebración da batalla naval (351 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Obrigatoriamente, o ANEXO II coa proposición económica debe presentarse en modo presencial nun Rexistro Xeral. Os Anexos I e III poderán presentarse en modo presencial se se trata de persoas físicas; no caso de persoas xurídicas, deberán presentarse de modo telemático; como se establece na apartado DOCUMENTACIÓN NECESARIA.

Como se fai?:

Nas Oficinas de rexistro municipais, así como nos rexistros doutras Administracións Públicas. Solicitando cita previa para a dependencia municipal en que vaia efectuar a presentación.

Tamén poderán remitirse mediante as demais formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Internet

Que se necesita?:

Deberá dispoñer de certificado dixital.

Unha vez cuberta a solicitude telemática (á que se accede premendo no botón TRAMITAR EN LIÑA da parte superior desta pantalla), debe ter preparados no seu equipo para ser achegados: os ficheiros necesarios, segundo especifícase na apartado "Documentación necesaria". (ANEXO I e ANEXOIII)

No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer do programa Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da dita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración

Páxina web:

https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=2062

Lembre ter toda a documentación para achegar preparada

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

Prazo máximo de resolución e notificación: 6 meses

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despois?:

Recursos posibles:

  • Recurso potestativo de reposición
  • Recurso contencioso-administrativo
  • Reclamación económico-administrativa (no seu caso)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión