Concello da Coruña

Concello da Coruña

VAFN2022

Autorización da ocupación do dominio público para a venda ambulante. Festas do Nadal

Canles:

Telemático

Nivel de tramitacion electronica:

Tramitación electrónica

Tipo:

Autorizacións, licenzas, concesións e homologacións, Dominio Público

Materia:

Sector público, Comercio

Vixente:

Si

Outorgamento de autorizacións do aproveitamento e da ocupación de dominio público, en réxime de concorrencia, para a venda ambulante nos Xardíns de Méndez Núñez durante as festas do Nadal.

Autorización da ocupación do dominio público para a venda ambulante. Festas do Nadal

Inscricións:

Dende o 02/11/2022 ata o 15/12/2022

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Persoas físicas e xurídicas

Requisitos:

  • Estar ao corrente das obrigas tributarias, coa Seguridade Social e con este concello.
  • Cumprir as obrigas establecidas na lexislación vixente en materia de autorizacións de residencia e traballo (en caso de prestadores procedentes de terceiros países).
  • Reunir as condicións esixidas pola normativa reguladora do produto obxecto da venda ambulante.
  • Non estar incluído en ningún dos casos de incapacidade ou incompatibilidade establecidos na lei para o exercicio do comercio.
  • Non realizar actividades con produtos prohibidos.
  • Dispoñer, no caso de que se realicen conexións eléctricas, dun certificado de instalación eléctrica expedido pola consellería competente en materia de industria, así como xustificante da súa presentación na distribuidora eléctrica e o pago efectuado nela.
  • Se é o caso, certificado de resistencia ao lume ou de ignifugación, dos materiais susceptibles de combustión que formen parte do posto así como acreditar a existencia dun extintor de 6kg de po polivalente de eficacia 21A-113B (achegando o certificado de revisión dos extintores).
  • Dispoñer de seguro de responsabilidade civil que cubra a actividade.

Prezo / Custo:

Tras a adxudicación, o concesionario terá que aboar a taxa correspondente de acordo coa Ordenanza aplicable, núm. 31.

Órgano que resolve:

Concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade

Máis información:

A renuncia ao posto adxudicado supoñerá a exclusión automática das ofertas do/a solicitante presentadas ao resto de postos aos que concorra.

A renuncia ao posto adxudicado poderá dar lugar a:

  • Unha indemnización ao concello polo importe ofrecido para a tempada.
  • A inadmisión do/a solicitante ou da empresa á que represente na seguinte convocatoria.

Outra información que o concello considere de interese para a cidadanía

Prohíbense as prácticas cualificables como colusorias, consistentes en que unha mesma persoa presente unha proposición a título individual e participando á vez en diferentes sociedades ou entes sen personalidade xurídica, coa intención clara de controlar e monopolizar o posto obxecto de licitación. Resérvase en tal caso o concello a facultade de excluír as ofertas nas que se aprecie a súa existencia, logo da previa audiencia aos licitadores sospeitosos de tal conduta.

Presentación

Prazo de presentación:

Órgano xestor:

  • Servizo de Concesións e Patrimonio Municipal

Trinta (30) días hábiles desde a publicación no BOP

Documentación necesaria:

A recollida nos pregos que rexen esta convocatoria.

O "Arquivo A/sobre A: declaración responsable":

  • Persoas xurídicas: presentación telemática obrigatoria segundo o formato descargable da Sede electrónica (Anexo I e Anexo III do prego de cláusulas administrativas).
  • Persoas físicas: presentación telemática ou presencial.

O "Arquivo B/sobre B: oferta económica":

  • Presencial - para todos os participantes (persoas físicas e xurídicas). O documento que se recolle como Anexo II ao prego de prescricións técnicas, tamén descargable desde a Sede electrónica.

Documentos relacionados

  • PCAP castelán (998 KB)
  • PCAP galego (921 KB)
  • PPT castelán (338 KB)
  • PPT galego (325 KB)
  • Plano de Localización postos venda ambulante Xardíns Méndez Núñez nas festas Do Nadal (268 KB)
  • Declaración responsable de non estar incurso en prohibición de contratar_Festas Do Nadal Anexo III (49 KB)
  • Proposicion_economica_FiestasNavideñas_AnexoII (87 KB)
  • Declaración responsable persoas físicas-xurídicas Festas Do Nadal. Anexo I (89 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Obrigatoriamente, o Anexo II coa oferta económica debe presentarse en modo presencial nun Rexistro Xeral. Os anexos I e III poderán presentarse en modo presencial se se trata de persoas físicas; no caso de persoas xurídicas, deberán presentarse de modo telemático; como se establece no apartado "Documentación necesaria".

Como se fai?:

Nas oficinas de rexistro municipais, así como nos rexistros doutras administracións públicas. Solicitando cita previa para a dependencia municipal en que vaia efectuar a presentación.

Tamén se poderán remitir mediante as demais formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Internet

Que se necesita?:

Deberá dispoñer de certificado dixital.

Unha vez cuberta a solicitude telemática (á que se accede presionando no botón "Tramitar en liña" da parte superior desta pantalla), debe ter preparados no seu equipo para ser achegados: os ficheiros necesarios, segundo se especifica no apartado "Documentación necesaria". (Anexo I e Anexo III)

No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer do programa Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc.)

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un/unha interesado/a que estea obrigado/a a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=1942

Lembre ter toda a documentación para anexar preparada.

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

3 meses

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despois?:

Recursos posibles:

  • Recurso potestativo de reposición
  • Recurso contencioso-administrativo
  • Reclamación económico-administrativa (se é o caso)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión