Volver Imprimir

Accesibilidade

A Oficina Tributaria do Concello ten a vocación de converterse nunha canle de comunicación accesible e universal para toda a cidadanía.

Por este motivo utilizáronse na súa construcción as medidas e criterios que a continuación se expoñen e que facilitan que as persoas usuarias obteñan coa menor dificultade posible a información e os servizos que pomos ao seu dispor.

Concepto de usabilidade web

Usabilidade significa colocar no centro do deseño e a estruturación de contidos as necesidades das persoas usuarias. Prentende que os usuarios leven a cabo as diferentes tarefas dispoñibles con eficacia, eficiencia, rapidez, facilidade e satisfacción.

Para conseguir este obxectivo tívose en conta a opinión das persoas usuarias ás que se lles realizou o test, persoas usuarias reais con navegación no fogar.

Concepto de Accesibilidade Web

Consiste en facilitar o acceso ao web ao maior número de usuarios posible, independentemente das súas características (capacidades/limitacións, hardware, software, comunicacións, etc).

Para iso o web traballouse tendo en conta os seguintes estándares:

  • CSS

O deseño realizouse baixo a recomendación do W3C sobre as Follas de Estilo en Fervenza (CSS). Si o navegador ou dispositivo de navegación non soporta follas de estilo, o contido da web segue sendo totalmente lexible grazas ao seu marcado estrutural.

  • WAI-AA

Este sitio web foi deseñado e programado seguindo as directrices da iniciativa WAI (Web Accessibility Initiative, www.w3.org/wai), que marca uns estándares internacionais na creación de contidos web accesibles para todos. Para analizar a accesibilidade de Portal utilizouse o Test de Accesibilidade Web (TAW). O Portal cumpre a prioridade 2 (Nivel de accesibilidade Dobre A).