Concello da Coruña

Concello da Coruña

VAL

Instalación de valos, andamios e casetas de obra

Canles:

Telemático, Presencial

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Autorizacións, licenzas, concesións e homologacións

Materia:

Urbanismo e infraestruturas, Obras e infraestruturas, Vías Públicas, Rehabilitación, Licenzas e aperturas

Órgano responsable:

Infraestruturas e Servizos Públicos

Vixente:

Si

Solicitude de autorización para a instalación de valos, andamios e casetas de obra en dominio público sometidas á previa autorización municipal a través de licenza.

Instalación de valos de obra, andamios ou elementos de apeiro en edificios

Inscricións:

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Persoas físicas ou xurídicas que pretendan realizar a instalación.

Requisitos:

Formulario específico de solicitude debidamente cuberto acompañado da documentación necesaria

Prezo / Custo:

Trátase dunha autorización suxeita a taxa, conforme á Ordenanza fiscal núm. 27 reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público local con mercadorías, materiais de construción, puntais, andamios e outras instalacións análogas e a Ordenanza fiscal núm. 1, reguladora da taxa por tramitación ou expedición de documentos administrativos.

O pagamento das taxas é un depósito previo segundo o disposto nas ordenanzas fiscais, polo que o xustificante do pagamento deberá achegarse xunto coa solicitude.

A carta de pagamento das taxas correspondentes poderase obter no edificio de servizos económicos da rúa Franxa, 20-22, C.P. 15001 A Coruña, ou na seguinte ligazón que o levará á Sede Virtual do Contribuínte.

Órgano que resolve:

Titular da Dirección de Área de Infraestruturas e Mobilidade

Máis información:

No caso de que desexe solicitar unha prórroga, poderá realizarse a través do trámite de sede "Acto de trámite de presentación de documentación e/ou alegacións a un expediente" dispoñible en Achega de documentación  no que deberá indicar o seu número de expediente.

Presentación

Prazo de presentación:

Sen prazo

Documentación necesaria:

En todos os casos:

  • Solicitude específica (modelo 081): solicitude específica debidamente cuberta. No caso de que se solicite telematicamente a través desta sede electrónica, mediante o formulario web ao que se acceda.
  • Documentos de autoliquidación das taxas establecidas na Ordenanza fiscal 27, pola ocupación, e na 1, pola tramitación da licenza, xunto cos xustificantes de pago.
  • Fotocopia da licenza de obras: fotocopia da licenza de obras ou, de ser o caso, comunicación previa.
  • Esbozo: esbozo debidamente acoutado indicando:
    • Ancho da beirarrúa ou espazo onde se pretende a instalación.
    • Localización do valo/andamio/caseta etc., coas súas dimensións.
    • Zona habilitada para paso peonil coa súa anchura.
    • Ancho da calzada libre para circulación de vehículos. e) Zona estacionamento (se houbese).
    • Elementos de mobiliario e equipamento urbano, servizos, árbores e zonas axardinadas etc., que se atopen na contorna da instalación e poidan verse afectados por ela, reflectindo a distancia existente entre esta e os ditos elementos.
  • Declaración responsable relativa a instalacións de obras: declaración responsable na que se faga constar que a instalación se axusta ás condicións de seguridade establecidas no Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde para a utilización polo persoal traballador dos equipos de traballo e permite o cumprimento das condicións de accesibilidade no espazo público establecidas no artigo 39 da Orde TMA/851/2021, do 23 de xullo, pola que se desenvolve o documento técnico de condicións básicas de accesibilidade e non discriminación para o acceso e a utilización dos espazos públicos urbanizados (ANEXO I: cubrir e achegar só no caso de tramitación presencial. Se se tramita telematicamente, os datos deste modelo xa están incluídos no formulario web).
  • Foto: fotografía do estado actual do espazo público onde se pretende a instalación.
  • Póliza de responsabilidade civil: presentar póliza de responsabilidade civil que cubra o risco de danos a persoas ou cousas con motivo da montaxe e desmonte da instalación, así como durante o período de tempo que permaneza instalada.
  • Recibo xustificativo do pago da dita póliza: recibo xustificativo do pago da devandita póliza que acredite a súa vixencia durante a ocupación.

En caso de actuación mediante representante

  • Para formular a solicitude en nome doutra persoa, deberá acreditarse a representación por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna.
  • Non caso de que o solicitante sexa unha persoa xurídica, a persoa física que a represente na solicitude deberá acreditar a representación da entidade, mediante a copia do seu DNI, copia do CIF, e escritura e/ou poder notarial (non caso de non ser apoderado ou non figurar na escritura, deberá presentar unha autorización debidamente asinada por unha persoa que se figure na escritura ou sexa apoderado da entidade, achegando a copia do DNI de ambos, así como a escritura e/ou poder).
  • Se o solicitante é unha comunidade de propietarios, deberá xustificar a representación mediante a copia do NIF da comunidade e copia da última acta.

En caso de andamios/instalacións en altura

  • Declaración responsable dirección facultativa (modelo dispoñible no apartado DOCUMENTOS RELACIONADOS), nos seguintes supostos:
    • Plataformas elevadoras sobre mastro.
    • Andamios de altura superior a 6 metros.
    • Andamios que salven voos entre apoios de máis de 8 metros.
    • Torres de acceso e torres de traballo móbiles para traballos a máis de 6 metros de altura.

Documentos relacionados

  • Modelo 081 - Solicitude de licenza de instalación de Valos (248 KB)
  • Anexo I - Declaración responsable relativa a instalacións de obras_gal (596 KB)
  • Declaración responsable da dirección facultativa do andamio/instalación en altura_gal (384 KB)
  • Declaración responsable da dirección facultativa do andamio/instalación en altura_cas (183 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

  • Cubrir o impreso de solicitude (modelo 081) e demais documentación indicada no apartado "Documentación necesaria".
  • Indicar a superficie para ocupar.
  • Plano de localización.
  • Aboar as taxas indicadas.

Como se fai?:

  • De forma presencial no Rexistro Xeral. Nas localizacións indicadas máis abaixo.
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello.
  • Nos demais supostos contemplados no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

Internet

Que se necesita?:

Deberá dispoñer de certificado dixital.

Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a instalación que solicita, segundo se especifica no apartado "Documentación necesaria".

No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Se desexa obter a Carta de pagamento da taxa correspondente poderá obtela a través da seguinte ligazón na Sede Virtual do Contribuínte.

Como se fai?:

A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc.).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=363

AVISO IMPORTANTE:

Este procedemento debe utilizarse exclusivamente para presentar a solicitude inicial de Instalación de valos, andamios e casetas de obras.

Se vostede quere:

- solicitar unha prórroga do prazo concedido inicialmente

- solicitar unha ampliación de instalacións

- emendar ou achegar documentación para unha solicitude presentada anteriormente,

deberá utilizar o procedemento xenérico de Achega de documentación, no que deberá indicar o número de expediente asignado á súa solicitude inicial, o cal poderá consultar no apartado A MIÑA SEDE - CARPETA CIDADÁ - OS MEUS EXPEDIENTES

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

Tres meses desde a presentación da documentación completa

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despois?:

Contra a Resolución de concesión/denegación da instalación solicitada poderanse interpoñer os seguintes recursos:

  • Recurso potestativo de reposición
  • Recurso contencioso-administrativo

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión