Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Suxerencias, queixas, denuncias e información aos cidadáns, Contratación pública
Materia:
Sector público, Trámites e xestións
Órgano responsable:
Concello da Coruña
Vixente:
Si
A identidade dixital na app é o equivalente en Internet á verdadeira identidade dunha persoa física cando se utiliza para a identificación da/o cidadá/n na app Coruña.
Para activar os máximos niveis de confianza pode facelo presencialmente nos rexistros indicados máis abaixo pedindo cita previa.
Ou utilizando a sede electrónica do Concello da Coruña, sempre que dispoña de:
certificado electrónico ou
DNI electrónico (DNIE)
Simplemente cubrindo a solicitude e proporcionándonos un correo e, opcionalmente, un número de teléfono móbil.
Se desexa máis información sobre a nova
APP Coruña
, pode obtela picando na ligazón.
Se o que desexa é unha aclaración sobre a
Identidade dixital
e os niveis dos que pode dispoñer, pique nestoutra ligazón.
Activación da identidade dixital cidadá
Inscricións:
Dende o 03/04/2023
Sobre o procedemento
A quen vai dirixido?:
Calquera persoa física que desexe solicitar o acceso á identidade dixital na
APP Coruña
(coruna.gal)
Requisitos:
Que requisitos teño para aumentar o meu nivel de autenticación/confianza?
Dispoñer de NIF
Ser maior de 14 anos e dispoñer de correo electrónico que nos deberá facilitar para asocialo na aplicación.
e, opcionalmente, poderá facilitar un número de móbil de contacto.
Prezo / Custo:
Ningún
Órgano que resolve:
Innovación e desenvolvemento tecnolóxico
Máis información:
O órgano xestor será o da área que ten asignadas as funcións ás que se refire a información solicitada. Se son varias, a que teña a parte principal.
Solicitude: solicitude debidamente cuberta, na que ha de facer constar polo menos, no apartado "solicito": o enderezo de correo electrónico e opcionalmente o número de móbil.
Canles de presentación
Presencial
Que se necesita?:
Nas Oficinas de rexistro municipais estará dispoñible o formulario de solicitude, que tamén o poderá descargar dende esta páxina. Neste caso debe achegar o seu DNI e facilitar un enderezo electrónico de correo.
Tamén se poderán remitir mediante as demais formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Internet
Que se necesita?:
Nesta sección a través do rexistro electrónico identificándose por algún dos medios recoñecidos pola sede electrónica do Concello da Coruña.
Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que desexe presentar coa solicitude, de ser o caso, segundo se especifica no apartado "Documentación necesaria".
No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.
Como se fai?:
A través desta Sede electrónica municipal.
En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite a través da Sede electrónica:
a) As persoas xurídicas
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc.)
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da dita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.
1 mes, poderá ampliarse por outro mes no caso de que o volume ou a complexidade da información que se solicita así o fagan necesario e logo da notificación previa á persoa solicitante.
E despois?:
Recursos posibles:
Fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse no prazo dun mes reclamación ante a Comisión de transparencia, órgano independente adscrito ao Defensor do Pobo, creada pola Lei do Parlamento de Galicia 1/2016 do 18 de xaneiro e cuxo regulamento foi aprobado pola resolución do 5 de xullo de 2016 que dispón a publicación do Regulamento de funcionamento da Comisión de Transparencia de Galicia. A Comisión ten a súa sede na rúa Hórreo, 65, 15701 Santiago de Compostela, páxina web www.comisiondatransparencia.gal e enderezo de correo electrónico: transparencia@valedordopobo.gal previo á súa impugnación en vía contencioso-administrativa.
As resolucións ditadas en materia de acceso á información pública son recorribles directamente ante a Xurisdición Contencioso-administrativa, sen prexuízo da posibilidade de interposición da reclamación potestativa prevista.
Causas de inadmisión:
Que se refiran a información que estea en curso de elaboración ou de publicación xeral.
Referidas a información que teña carácter auxiliar ou de apoio como a contida en notas, borradores, opinións, resumos, comunicacións e informes internos ou entre órganos ou entidades administrativas.
Relativas a información para cuxa divulgación sexa necesaria unha acción previa de reelaboración.
Dirixidas a un órgano en cuxo poder non obre a información cando se descoñeza o competente, de ser o caso deberá indicar na resolución o órgano que, ao seu xuízo, é competente para coñecer da solicitude.
Que sexan manifestamente repetitivas ou teñan un carácter abusivo non xustificado coa finalidade de transparencia desta lei.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible